Basilisa, Teresa e Jesús- O xogo dos casados

Descrición do vídeo

Coñecedes o xogo dos casados? Teresa presenciouno sendo ben pequena nunha foliada. Explica Carmelo Lisón Tolosana na súa Antropoloxía Cultural de Galicia que o xogo dos casados se desenvolvía durante as fías ou foliadas. “Nas súas múltiples variacións tiñan en común o asignar ou escoller cada mozo dos presentes a unha moza como esposa”. En ocasións, engade, empregábanse boletos cos nomes das e dos participantes da foliada e realizábase un sorteo.

Datos do vídeo

Teresa “dos Cucos” Reigía, Basilisa Romai Chouciño e Jesús Suárez Ourense
Tocadoras, informantes e, no caso de Basilisa, bailadora
Gravado na casa de Teresa dos Cucos en Seaia, Malpica de Bergantiños
15 de setembro de 2017

Xuñ, 24, 2017

0