Ariel Ninas – O ensino na aCentral Folque

Descrición do vídeo

Ariel Ninas, actualmente encargado da comunicación e a produción da aCentral Folque, relata as orixes deste centro de estudo. A escola nace no ano 2000 con idea de aportar novas perspectivas no ensino da música tradicional, na altura fóra do conservatorio, e xerando outro tipo de experiencias máis aló das aulas. aCentral Folque tamén realiza investigacións musicolóxicas e publicacións de diferente tipo.

Datos do vídeo

Ariel Ninas (Mauro Sanín)
Músico, investigador e mestre na aCentral Folque
Gravado no parque da Finca do Espiño, en Santiago de Compostela
28 de abril de 2017