Ariel Ninas – Música tradicional e perspectiva de xénero

Descrición do vídeo

Ariel Ninas destaca a “inconsciencia” dos roles de xénero na sociedade tradicional, uns roles que o folclorismo perpetuou nos escenarios. O músico celebra que “por fin” se coloque este debate enriba da mesa e defende a realización de experiencias nas que os roles estean mesturados, coma os bailes en roda nos que bailan homes con homes, para a “normalización” das relacións sociais de xénero.

Datos do vídeo

Ariel Ninas (Mauro Sanín)
Músico, investigador e mestre na aCentral Folque
Gravado no parque da Finca do Espiño, en Santiago de Compostela
28 de abril de 2017

Mai, 07, 2017

0