Ariel Ninas – Cantos de cego e a súa estética no s. XXI

 
 

Descrición do vídeo

Ariel Ninas fala da orixe dos cantos de cego e o interese que seguen a provocar en pleno século XXI. "Hai un público que segue ávido de historias humanas", explica Ninas, que recentemente presentou unha recompilación de cantos da Galiza e Portugal xunto co músico portugués César Prata.

Datos do vídeo

Ariel Ninas (Mauro Sanín) Músico, investigador e mestre na aCentral Folque Gravado no parque da Finca do Espiño, en Santiago de Compostela 28 de abril de 2017