‘Entrevistas’

Tiago Pereira – Estigma da música tradicional

Descrición do vídeo A raiz de preguntar polo fado como música tradicional portuguesa, Tiago fala da gran variedade de músicas que hai en todo o país. O que acontece é que sobre ela pesa o estigma de ser música pobre, sen interese; en contraposición da música para eruditos. “A música portuguesa a gostar dela propria” […] Read more

Xul, 16, 2017

0

Tiago Pereira – Que é a música portuguesa? Que é a tradición?

Descrición do vídeo Falando sobre a tradición e o seu traballoTiago apunta cara dúas cuestións: non sabe o que é a música portuguesa e non sabe o que é tradicion. Cada vez máis, percibe a tradición como un simulacro ou como marketing para vender. A partir disto, reflexiona sobre o que grava coa MPAGDP, sobre […] Read more

Tiago Pereira – Combater xerarquías na música

Descrición do vídeo Tiago fala dunha das ideas principais do proxecto MPAGDP: ter todos os contidos á par. Xuntar os grupos pop e coñecidos coas músicas do rural para que, por contaminación, todas as persoas chegasen a elas. Á vez, isto encaixa coa súa visión de combater xerarquías na música e coa intención de gravar […] Read more

Tiago Pereira – A democratización da música en Galicia

Descrición do vídeo Tiago fala do que hai que facer en Galicia para democratizar a música tradicional. A raiz da súa experiencia gravando aquí, co proxecto Nao lugar, considera que é fundamental rexistrar ás máis vellas e facer os arquivos públicos. Considera que en Galicia xa hai unha industria importante vinculada coa música tradicional pero, […] Read more

Tiago Pereira – Financiación da Música Portuguesa A Gostar Dela Propia

Descrición do vídeo Tiago fala da financiación do proxecto de “A música portuguesa a gostar dela propria”. Neste sentido, fai referencia ao programa “O povo que ainda canta”, programa de radio e televisión na canle pública portuguesa. Así mesmo, conta como lanzou, coa compañía Nós, un disco chamado “Dêem-me duas velhinhas, eu dou-vos o universo”. […] Read more

Xul, 16, 2017

0

Basilisa, Teresa e Jesús- Ensinar ás netas

Descrición do vídeo Basilisa foi quen convenceu á súa neta para que se apuntase a clases de baile e de pandeireta, ademais apréndella algunha copla aínda que non se adecúen a como tocan nas clases. Jesús, pola súa banda, convenceu á súa filla de que levase ao neto a que aprendese a bailar. Datos do […] Read more

Basilisa, Teresa e Jesús- As clases

Descrición do vídeo Despois de pechar o restaurante e vender o barco que tiñan ela e seu home Basilisa comezou a ir a clases, nalgunhas das cales coincidía con Jesús. “Baile regional, bailes de salóns, manualidades, pandeireta”…un pouco de todo. Datos do vídeo Teresa “dos Cucos” Reigía, Basilisa Romai Chouciño e Jesús Suárez OurenseTocadoras, informantes […] Read more

Basilisa, Teresa e Jesús- Cantábase máis antes?

Descrición do vídeo Teresa e Jesús lembran aos mozos que pasaban pola noite preto das súas ventás, aos que distinguían pola voz. Andaban a chamar pola mocidade da súa zona, aghruando, e esta xuntábase nas tabernas para cantar. Dende pequena Teresa aprendeu así todas as coplas que aínda garda na memoria. Datos do vídeo Teresa […] Read more

Basilisa, Teresa e Jesús- O xogo dos casados

Descrición do vídeo Coñecedes o xogo dos casados? Teresa presenciouno sendo ben pequena nunha foliada. Explica Carmelo Lisón Tolosana na súa Antropoloxía Cultural de Galicia que o xogo dos casados se desenvolvía durante as fías ou foliadas. “Nas súas múltiples variacións tiñan en común o asignar ou escoller cada mozo dos presentes a unha moza […] Read more

Xuñ, 24, 2017

0

Basilisa, Teresa e Jesús- Cando Teresa escapou á foliada

Descrición do vídeo A mocidade xuntábase nos sobrados das casas para armar a festa. Cando Teresa era nena decidiu que quería, si ou si, asistir á foliada que organizaran na casa de Casilda. Pero a súa familia non estaba moi dacordo con que a nena andivese de festa. Datos do vídeo Teresa “dos Cucos” Reigía, […] Read more

Xuñ, 24, 2017

0

1 2 3 4 5 6 7