‘Entrevistas’

Álex Ínsua- Recollidas e arquivos

Descrición do vídeo Álex fixo as súas primeiras recollidas cando tiña 14 anos da man de Xiradela, a asociación na que comezou a bailar e tocar. As gravacións que fixo ao longo de todos estos anos emprégaas para as súas aulas, aínda que admite que as doará cando deixe a ensinanza. Para él son unha […] Read more

Set, 03, 2017

0

Álex Ínsua- Comezos e aprendizaxe

Descrición do vídeo Cando Álex era pequeno no seu pobo só había dúas opcións: “ou baile ou fútbol”. Da man da asociación Xiradela deu os seus primeiros pasos no baile e na música. Datos do vídeo Álex ÍnsuaBailador, músico, recompilador e mestreGravado no Museo de Belas Artes da Coruña16 de decembro de 2016

Álex Ínsua- Placeres de Gargamala

Descrición do vídeo Despois de moitos anos de facer recollidas e falar con informantes hai momentos que quedan gravados na memoria. Para Álex Ínsua un deles leva o nome de Placeres de Gargamala, unha señora que coñeceu fai anos e de cuxo canto sempre se lembrará. Datos do vídeo Álex ÍnsuaBailador, músico, compilador e mestreGravado […] Read more

Álex Ínsua- Aulas, actuacións e seráns

Descrición do vídeo Na actualidade ofértanse aulas de baile e música tradicionais con distintos enfoques didácticos. Álex Ínsua reflexiona sobre a ensinanza e os obxectivos que se marcan nas aulas. Datos do vídeo Álex ÍnsuaBailador, músico, recompilador e mestreGravado no Museo de Belas Artes da Coruña16 de decembro de 2016

Álex Ínsua- Evolución das agrupacións

Descrición do vídeo Cando Álex Ínsua conta que cando comezou a bailar e tocar moitas das agrupacións galegas mantiñan a metodoloxía didáctica herdada da Sección Feminina. Algunhas delas, como A.C.Xacarandaina na Coruña, ou Cantigas e Agarimos en Santiago, mudaron este xeito de transmitir a nosa tradición. Datos do vídeo Álex ÍnsuaBailador, músico, compilador e mestreGravado […] Read more

Set, 03, 2017

0

Pandeireteiras das Encrobas – As orixes da agrupación

Descrición do vídeo Practicamente todas as integrantes da agrupación se iniciaron na pandeireta nos últimos anos, grazas ás aulas que oferta a asociación que elas mesmas constituíron. As tocadoras explican as súas experiencias particulares: que foi o que as levou a coller o instrumento, como foi o primeiro contacto e que é o que as […] Read more

Pandeireteiras das Encrobas – A Festa da Pandeireta: dinamizando a parroquia

Descrición do vídeo Coa súa anterior mestra, María Xosé Silvar ‘Sés’, as pandereteiras das Encrobas comezaron a organizar a Festa da Pandeireta. Desde hai varios anos seguen a facelo da man de Pablo Díaz, o seu actual profesor. O evento, que congrega a un grande número de grupos, especialmente da comarca, celebrou hai uns meses […] Read more

Ago, 20, 2017

0

Pandeireteiras de Encrobas – Reconectando Encrobas a través da pandeireta

Descrición do vídeo A parroquia de Encrobas é coñecida pola resistencia que exerceu durante anos frente á explotación mineira de FENOSA, que levou á expropiación de extensos terreos, especialmente en torno ao val do Barcés. Obrigadas a deixar as súas aldeas de orixe e en moitos casos a emigrar fora de territorio galego, a pandeireta […] Read more

Ago, 20, 2017

0

Pandeireteiras de Encrobas – Troulear, mocear, asuar

Descrición do vídeo Moitas das pandeireteiras das Encrobas lembran as celebracións que tiñan lugar na parroquia durante a súa infancia, nas que a música tradicional era un elemento central da festa. Xa fose nas fías ou nos días de mocear, pandeiretas e asúos resoaban toda a noite nos montes e nos vales das Encrobas. Datos […] Read more

Pandeireteiras das Encrobas – Recuperando coplas e compoñendo

Descrición do vídeo A señora Rosa é unha das mulleres da agrupación que toca a pandeireta desde nena. Grazas a ela puideron ser recuperadas moitas das pezas que daquela resoaban nas festas e que durante décadas deixaron de ser cantadas. Hoxe, varias delas forman parte do repertorio destas pandereteiras. Porén, elas tamén conectan coa tradición […] Read more

1 2 3 4 5 6 7